Sabe que é Alimentacción

Conoce Alimentacción

Alimentacción: Rede de Escolas por un Mundo Rural Vivo, é un programa socio-educativo que nace no ano 2010 dende a organización VSF Xustiza Alimentaria Global e traballa co HEGOA- Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional dende o ano 2014." data-share-imageurl="">

Conoce Alimentacción

Alimentacción: Rede de Escolas por un Mundo Rural Vivo, é un programa socio-educativo que nace no ano 2010 dende a organización VSF Xustiza Alimentaria Global e traballa co HEGOA- Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional dende o ano 2014. Parte da escola como eixo de actuación para reflexionar sobre a alimentación e como esta afecta ao entorno, á saúde e ás condicións de vida das persoas e a comunidade. A rede está formada por escolas rurais ou semirrurais de todo o Estado español que queren xerar conciencia crítica e promover a acción, ante as consecuencias sociais, económicas e ambientais que xera o modelo alimentario actual, en todas as partes da súa cadea: produción, distribución, comercialización e consumo.

Dende Alimentacción promovemos un modelo alternativo baseado nos principios da soberanía alimentaria, con perspectiva de xénero e apostando por un mundo rural vivo; que tome como eixo dinamizador ao centro escolar para acadar a implicación de toda a comunidade. A partires de metodoloxías participativas e incorporando aos plans de centro, contidos, materiais e actividades baseadas nos citados principios da soberanía alimentaria, pescúdase facer da escola un verdadeiro espazo de democracia e aprendizaxe, consciente e multidireccional. Todas e todos aprendemos.

Na actualidade, o programa conta coa participación duns 80 centros educativos, principalmente públicos e de educación primaria, situados nun entorno rural ou semirrural, o que posibilita traballar con máis de 700 docentes en todo o Estado. A experiencia converteuse nun referente educativo.