ALIMENTACCIÓN ILLES BALEARS

Este programa socioeducativo trabállase tamén nas Illes Balears. Diversos centros, tanto de primaria como secundaria, están a traballar a temática da soberanía alimentaria, de maneira transversal ou desde algunhas materias, co fin de reflexionar sobre a nosa alimentación e como esta afecta a contorna, a saúde e as condicións de vida das persoas e a comunidade. Na illa de Mallorca, desde o 2010 o proxecto centrouse máis nos centros de primaria, e na actualidade, está a traballarse conxuntamente con docentes de secundaria, principalmente na illa de Menorca. Aínda así, téntase dar cobertura ás demandas que recibimos de todo o arxipiélago.