ALIMENTACCIÓN EN EUSKADI

En Euskadi (principalmente Bizkaia) traballamos en centros de Educación Primaria e Secundaria, Bacharelato e Módulos diversos como Hostalería, Escolas agrarias ou de Restauración.

Aínda que o traballo en educación comeza en torno ao ano 2005, non é ata o 2011 cando se establecen as bases para traballar con prazos medio-longos para incidir nos proxectos de centros e as planificacións curriculares. Así, unha vez coñecida cada realidade e contexto, expomos de maneira colaborativa con cada centro un itinerario para que cada un vaia facendo as intervencións necesarias para a construción da soberanía alimentaria desde unha mirada feminista.

Dentro de todo este proceso, a formación e acompañamento ao profesorado é fundamental. Por iso, establecemos sesións de traballo conxuntas nas que imos analizando temas de interese que aterramos ao currículo escolar mediante actividades máis prácticas que conectan coa realidade do alumnado. Talleres sobre o impacto negativo do consumo masivo de azucre; un futuro sustentable e xusto para todas as persoas; a achega das mulleres á historia dos pobos; como montar unha cooperativa coherente á soberanía alimentaria; comedores escolares máis sans, próximos e xustos; e moito máis.

O traballo en rede no marco dos tres Encontros Estatais xa celebrados, dous deles en Euskadi, permitiunos compartir experiencias e fomentar o coñecemento de proxectos e metodoloxías innovadoras que cada profesora e profesora leva ao seu centro e mellorar así a súa práctica educativa.